TRONAS DE BEBÉS PARA LA HOSTELERIA DE VIGO

|



La noticia es del 1 de Mayo, pero se lo recuerdo a los hosteleros vigueses. Si quieren tronas GRATIS para bebés, pueden solicitarlas en la Federación de Hostelería de Pontevedra 986432400:


No marco do plan de modernización e mellora dos servizos que ofertan os
establecementos de restauración e hoteleiros de Vigo que se está desenvolvendo
dende Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio e Turismo, comezou xa a
entrega de 350 tronas infantís a 117 restaurantes e 21 hoteis da cidade.
"Queremos que os establecementos de Vigo teñan servizos axeitados para os seus
usuarios e usuarias e tiñamos constancia de que esta era unha das súas
demandas", salientou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez, durante a entrega
simbólica das primeiras cadeiras, que tivo lugar este mércores no hotel Husa –
Bahía de Vigo.

"A día de hoxe aínda hai moitos establecementos da nosa
cidade que non teñen cadeiras para os máis pequenos e nós, dende a Concellería
de Comercio e Turismo, queremos contribuír na aposta pola excelencia dos locais
vigueses", subliñou Santi Domínguez, quen indicou que esta constitúe a primeira
fase da entrega, e que se ampliará posteriormente en función da demanda dos
propios establecementos. Así mesmo, explicou que o número de cadeiras que se
entreguen a cada restaurante ou hotel faraa a Asociación Provincial de
Hosteleiros en función das prazas que teñan cada un deles. O tenente de alcalde,
durante a explicación desta iniciativa, agradeceu ao presidente deste colectivo,
José Magaz, "porque é moi doado traballar coa súa colaboración", asegurou.




Noticia sacada de aquí.

0 Deja tu comentario pinchando aquí: