O concello de Gondomar, decidido a botar unha man para que a milenaria
tradición dos curros de cabalos non desaparezan, ven de promover unha iniciativa
para axudar as asociacións de propietarios de cabalos do monte e organizadores
dos curros do seu concello, para colaborar na organización e a difusión dos
mesmos. A primeira das iniciativas consiste en editar uns carteis anunciando os
curros que se celebran no concello e as datas. Morgadáns o 3º domingo de xuño
(mañán), San Cibrán 4º domingo de xuño, e O Galiñeiro 2º domingo de xullo. Tamén
editaron uns folletos cun texto de Anxo Angueira e fotografías de Tokio (Alfredo
López) nos que se fala dos cabalos e dos curros e algunhas curiosidades
relacionadas. A terceira das iniciativas foi a de nomear Valedor dos Curros a
Ferrín.
Actualizado a 16 de Junio: Ayer se suspendío el curro de Morgadáns por el mal tiempo y la niebla. En cuanto sepamos la nueva fecha lo colgamos en este post.
Finalmente se celebrará el curro de Morgadáns el 29 de Junio.
2 Deja tu comentario pinchando aquí:
Eu fun hai anos ao de Oia e gustoume.
Sería triste que se perdese este costume.
Ola Paideleo, gracias por pasarte de novo:
Hai propietarios de cabalos que se desfán deles porque non lle son rentables, e ao desaparecer os cabalos desaparecen os curros. Logo dase a circunstancia paradóxica que nalgúns sitios mantéñense os cabalos para que sobrevivan os curros (e non ao revés, como sería o natural). Son nos lugares nos que os curros convertéronse nun día de festa para propios e extraños e tira das economías locais. Eso é o quere conquerir o Concello de Gondomar. Son xeitos de recompoñer a tradición, por que se os tempos cambian algo tamén hai que cambiar nas tradicións para que todo siga igual.
Un saúdo.
Publicar un comentario