En este video de "A Nosa Terra TV" se ve como "os xenerais" de Bandeira se enfrentan con sus atranques rimados, en una tradición carnavalera que rememora los enfrentamientos con las tropas francesas dicen unos, o las guerras carlistas según otros.
"Os Xenerais" de los municipios del Val do Ulla, salen a caballo con sus indumentarias militares recorriendo las parroquias y dando vivas a los vecinos. Una vez realizado el ritual se pide a los homenajeados que den propinas para la organización de la fiesta del siguiente año.
El día se acaba con los enfrentamientos dialécticos.
Balbino nos lo contaba en sus memorias, era el carnaval de A Estrada: "Diante chegaron os correos. Eran catro. Todos co seu par de luvas, pantalón branco e chaquetas relucintes. Viñan en facos pedreses, garnidos con fitas e arreos do trinque, e cobertos de axóuxeres dende a testa ó rabo... Non tardaron en aparescer os xenerales. Montando cabalos galloufeiros (disque lle dan viño pra que anden máis rufos), e lucindo traxes rechamantes, tricornios, botas, esporas. Sobor do peito levaban cruces e outras barraufalladas de follalata e aluminio... Detrás dos xenerales viñan oito ou dez músicos da banda de Orazo, tocando marchas. Tamén aparescéu un coro cantando a Rianxeira. Un mozo lavaba unha manda de foguetes e de cando en cando facía estelar algún. Os rapaces iban á pillota tripando súcos de centeo pra dar coa canavela... Un eito de xente viña detrás, ríndose cos "vellos"... Os instrumentos eran de moito barullo: bombos, tamboriles, trompetas, fiscornios e outros.
Vestían roupa vella, chea de remendos. Tiñan a cara enfarruscada de negro. Levaban tallos atados á cueira con vimbios e corres de codeso. Dempóis vin chegar varias cousas: unha vaca e máis un burro axugados, turrando por un carro no que iban dous aguaderteiros coa súa alquitara; noutro carro, unha morea de palla, que seis homes, vestidos con carozas de xuncas, puxéronse a mallar no chao con cadanséu mallo, mentras cantaban copras axeitadas. E detrás dos malladores aparescéu un fato de ferreiros...Un dos xenerales, brandindo unha espada na mao dereita, berróu coma un perdido, agoirando que Xacinto do Cordal vivise por moitos anos na compaña da súa xente. E todos os decabalo respostaron a un tempo:
- ¡Vivaaa!
Tocóu a banda, cantóu o coro, comenzaron a bruar os dos tallos, e Cordal, amáis de entregarlle algún diñeiro ó que andaba coa caixa, véuse con xerras de viño prá porta. Convidaba a treu. A xente ría, cantaba, atruxaba."
Memorias de un neno galego (1961) - Neira Vilas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 Deja tu comentario pinchando aquí:
Publicar un comentario