TURISMO DE PLAYA EN PONTEVEDRA DESDE EL INTERIOR DE LUGO

|

El siguiente texto que copiamos, trata sobre la preservación de la costa, y está firmado por Pablo Eifonso de Vigoblog. Compartimos con él la comprensión global de los territorios, de modo que exista una planificación en red que permita veranear en el interior y disfrutar de la playa en la costa, al conectar para desplazarse los distintos modos de transporte público.

...precisamente en Galicia é aínda posible e viable un turismo sostible, mesmo ese que, planteado en exclusiva, tamén vai en decadencia hoxe, de sol e praia. O que non é viable é acometer un turismo deste tipo a base de cargarse o valor que se pretende vender, a praia (o sol, porque non poden).Planificar o futuro neste tema tan transcendental, debería pasar pola comprensión global do territorio de Galicia, dividido cada vez máis entre unha poboación interior que se morre e desaparece, deixando tras de si terras de cultivo, vilas pequenas e aldeas de altísima calidade ambiental e paisaxística, e unha costa "rica" que sofre unha cada vez maior presión inmobiliaria e deterioro ambiental. E esta compresión debería levar a acometer políticas que estructuren e cosan o territorio na súa totalidade coa finalidade de acadar, á vez, a rexeneración do interior e o uso sostible do litoral. Como se logra isto?: cunha cobizosa planificación do territorio, baseada na salvagarda e potenciación dos valores que singularizan a Galicia, que prevexa unha rede de comunicación interna de carácter intermodal, rápida, limpa e eficaz que relacione racionalmente o interior e a costa. Por que non vai ser un lugar de residencia turística "litoral" unha aldea rehabilitada no interior das provincias de Coruña, Lugo e Pontevedra que se atope comunicada con praias de referencia a menos de media hora de traxecto? Por que non planificar as "urbanizacións" para turistas ocasionais ou residentes (eses vellos europeos cos que soñan os promotores galegos que decidan pasar a súa xubilación por aquí) rehabilitando e rexenerando a estructura tradicional do territorio en abandono e proxectando sobre o futuro un panorama de altísima calidade rural-litoral?.

0 Deja tu comentario pinchando aquí: